Unha aposta pola concienciación

FERROL CIDADE

CEDIDA

A ASCM finalizou onte en Fene, despois de pasar por Neda e Narón a súa ruta pola Semana da Mobilidade Europea

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A ASCM finalizou onte en Fene, despois de pasar por Neda e Narón a súa ruta pola Semana da Mobilidade Europea coa súa iniciativa reivindicativa Xente!! Senta e Sente. O obxectivo é o de concienciar a todos os representantes políticos da necesidade de pensar en clave de accesibilidade universal. Onte vimos en plena acción aos edís feneses, encabezados polo seu alcalde Gumersindo Galego, salvando obstaculos polas rúas de Fene.