Viaxe ao pasado


No verán, aínda utilizo máis esta autovía A-6 que o goberno central tivo a ben agasallarnos aos lucenses por quedarmos no camiño á Coruña e a Ferrol, cidades coas que non podían quedar mal, e de paso quedaban moi ben connosco. E o día quince deste mes puiden comprobar a súa necesidade ao ver a extraordinaria circulacion de vehículos en ámbolos dous sentidos polas especiais circunstancias que concorriron en dia tan sinalado.

Cando saio á antiga estrada case paralela, con escasa utilización e nulo mantemento, é posible experimentar unha inmersión no pasado, como mínimo un cambio de século, onde a lentitude imposta polos sinais vese compensada pola tranquilidade viaxeira, cando a urxencia o permite.

Vendéronsenos as autovíascomo o froito dunha etapa de bonanza económica que permitía progresar en seguridade e velocidade na mesma medida que melloraban os automóbiles e as nosas posibilidades de adquirilos. E agora, cando os nosos gobernantes nos teñen destruído case todos os soños do futuro e de presente, deixan caer de novo a idea dun imposto sobre as autovías para ver como respondemos os aborregados súbditos á insultante suxerencia dunha inane gobernanza froito dunha insolvencia total.

Cobrar polas autovías é forzarnos a unha permanente viaxe ao pasado, renunciando a un novo dereito adquirido moral e materialmente. Pero tamén é provocar inseguridade en vías lentas e mal conservadas, e pretender cobrarnos de novo por algo xa pagado, desafiuzánonos dunha propiedade colectiva que tanto nos costou conseguir.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Viaxe ao pasado