Unha exposición para coñecer Ferrol ao óleo

Ferrol LA VOZ

FERROL CIDADE

EDUARDO PEREZ

A mostra está formada por 40 obras de dous artistas ferroláns

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 19:30 • Gratis • Porto •

O porto de Ferrol servirá durante as próximas semanas de galería para a exposición «Verán con Arte», unha mostra que recolle 40 obras de dous artistas nativos de Ferrol.

A exposición, que estará aberta ao público ata o 4 de agosto, presenta dous retratos da cidade que se harmonizan e contrapoñen. Rafael Romero captura o urbanismo ferrolán mentres que a pintura de Carlos Barcón caracterízase pola súa preocupación polo tema marítimo, plasmando praias, areais e navíos, entre outros elementos.

A apertura de portas da exposición está prevista para esta tarde ás 19.30 no peirao de Curuxeiras. A entrada é gratuíta.