O Club de Campo ampliaba a súa capacidade

Ferrol LA VOZ

FERROL CIDADE

Arquivo

Hoxe hai 32 anos

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe hai 32 anos, o por aquel entón presidente do Círculo Mercantil de Ferrol, Antonio Gómez, anunciaba o fin da primeira fase de ampliación das instalacións recreativas que o Club de Campo tes situadas na parroquia de Serantes. As obras comezaran no mes de marzo co obxectivo de rematar cos problemas de capacidade presentes, tanto no restaurante e a cafetería como nas zonas de recreo para mozas e maiores. A primeira fase concluía xusto a tempo para que a renovada planta principal do Club Social fose o lugar de celebración do décimo aniversario da fundación da asociación coa cea-baile anual e que tería lugar no rexuvenecido comedor, con capacidade para 400 persoas. A primeira fase das obras concluía cun gasto estimado que viraba ao redor dos 30 millóns de pesetas, aínda que Gómez afirmaba que o investimento total realizado para a renovación viraría ao redor dos 50 millóns.