Os bombeiros sufocan un lume nun coche na rúa Españoleto

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

ANGEL MANSO

As chamas calcinaron parte do motor do vehículo, que quedou inservible

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os bombeiros de Ferrol sufocaron onte pola tarde o incendio que se rexistrou nun coche que estaba estacionado na rúa Españoleto. A súa rápida intervención evitou que o lume se propagase ao resto do vehículo, pero as chamas xa afectara ao motor, polo que quedou inservible.