Un campus verde

FERROL CIDADE

CEDIDA

Francisco García estivo onte en Esteiro

19 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fancisco García, integrante da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), a mesma que se encarga da adxudicación das famosas bandeiras azuis das praias, estivo este mércores no campus ferrolán da UDC avaliando o traballo realizado nos últimos anos pola Universidade da Coruña no marco do Programa Green Campus Ferrol. O campus ferrolán incorporouse ao programa no curso 2016-2017, e desde entón conta con bandeira verde que acredita aos campus universitarios que a posúen como recintos respectuosos co medio ambiente e comprometidos co aforro enerxético e a protección da natureza. O inspector de ADEAC estivo acompañado na súa visita ás instalacións de Esteiro e Serantes pola vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño, e por Carmen Coroado Carvajal, coordinadora do Green Campus Ferrol. O comité de recepción completárono Chus Caínzos, vicegerente do Campus de Ferrol; Diego Santos da Rega, director de UDC Saudable; Manuel Soto, director da Oficina de Medio Ambiente da UDC; Sonia Bouza, subdirectora de Calidade e Promoción da Escola Politécnica Superior; Sonia Zaragoza, subdirectora de Organización Académica e Estudiantado da EPS; Isabel Fernández Ibáñez, subdirectora de Infraestruturas e Relacións Exteriores dá Escola Universitaria Politécnica; Alfonso Gomis, en representación da Facultade de Ciencias do Traballo; Ana Ares Pernas, en representación dá Escola Universitaria de Deseño Industrial e Belén Feal, bolseira Green Campus Ferrol.