O Náutico Firrete de Pontedeume domina o campionato galego infantil

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

Cedida

A competición disputouse no encoro ourensán de Cascallar

11 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Náutico Firrete de Pontedeume logrou esta fin de semana a primeira posición por equipos no campionato galego de novas promesas, tanto en infantís masculinos como en femininos. Dous novos campionatos autonómicos que acaban nas vitrinas dos eumeses, que ademais acabaron na terceira posición na competición de cadetes, así como a cuarta praza na categoría de cadetes femininos.

A regata celebrouse no encoro ourensán das Conchas, no Concello de Muíños. Os infantís competiron durante a mañá nas probas de K-1 e C-1, sobre un percorrido de tres mil metros. Pola tarde foi a quenda para os cadetes, tamén en embarcacións individuais, pero cun percorrido de cinco mil metros.

Para tomar parte nesta competición autonómica, o Firrete eumés desprazou a un total de 42 deportistas.

Aos bos resultados por equipos hai que sumar os conseguidos de forma individual. Celia Montero foi primeira na proba de K-1 muller infantil B; Óscar Allegue foi primeiro en K-a infantil B. Ademais, Roi Amado acabou na primeira praza en K-1 cadete e Silvia Calco foi terceira en C-1 muller infantil A.

Por outra banda, Celia Freire envorcou a escasos cinco metros da meta na proba de K-1 muller infantil B. Boa parte destes padeeiros xa preparan a Copa de España en Zaragoza.