O Costa Ártabra promove unhas xornadas de portas abertas

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

cedida

O club quere potenciar o traballo nos equipos de base da entidade

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Baloncesto Costa Ártabra abrirá as súas portas, a partir do luns, día 3 de xuño, para que todos os mozos e mozas da cidade de idades comprendidas entre os 5 e 16 anos poidan acudir a adestrar e inscribirse na entidade. A actual estrutura deportiva aglutina a máis de 350 mozos e conta con máis de 20 técnicos. A formación presidida por Juan Vila anunciou o seu desexo de aumentar a familia de cara ao comezo da tempada 2019/20.

A entidade ofrece unha oferta deportiva, educativa e formativa de calidade, ademais de contar cunha ampla variedade de material deportivo, prazas en ligas galegas e un capital humano e técnico con titulación para o desenvolvemento dos máis novos. Ademais, o club, desde a súa aparición, non para de buscar xeitos de crecemento en canto á estrutura e profesionalización da maior canteira de Ferrolterra.

Estas xornadas desenvolveranse nos diferentes pavillóns de Caranza, Esteiro e FIMO en diferentes días nas semanas do 3 ao 21 de xuño, atendendo aos anos de nacemento.

Babybasket (anos 2014, 2013, 2012 e 2011). Martes e xoves de 18 a 19.30 en FIMO.

Preminibasket (anos 2010 e 2009). Masculino, os luns, mércores e venres de 18 a 19.30 horas en FIMO e feminino os martes e xoves de 18 a 19.30 e os venres de 16.30 a 18 horas en FIMO.

Minibasket (2008 e 2007); masculino. Martes de 18 a 20 horas no pavillón do Colexio Ponzos; xoves de 19 a 20.30 e venres 18 a 19 horas no polideportivo Javier Gómez Noya. Feminino, os martes e mércores de 19.30 a 21 horas e o venres de 18 a 19.30 horas en FIMO.

Infantís (2006 e 2005): Masculinos, os luns de 18 a 19.30 horas en FIMO e xoves de 16 a 17.30 horas no polideportivo Javier Gómez Noya e feminino os luns e Mércores de 19 a 20.30 horas no pavillón Esteiro.

Cadete (2004 e 2003). Os masculino, os luns e xoves de 17.15 a 19 horas no polideportivo Javier Gómez Noya. Feminino, os luns de 16.30 a 18 horas en FIMO e xoves de 19 a 20.30 horas no pavillón de Esteiro.

Todos os interesados poderán acudir para informarse e adestrar en calquera das datas sinaladas anteriormente do 3 ao 21 de Xuño. Neste sentido, o Costa Ártabra fai fincapé na sinxeleza do proceso de inscrición no club ao facilitar varios días, contar co asesoramento de todos os técnicos e directivos da entidade.