Os vándalos esnaquizan os cristais de varios escaparates da cidade

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

ISIDORO VALERIO

Na contorna de Amboage e na Magdalena

15 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Varios escaparates e lúas de cristal de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade apareceron nos últimos días esnaquizados. Trátase de negocios situados na contorna da praza de Amboage e tamén da rúa da Igrexa, onde os vándalos actuaron de novo provocando esas desfeitas.