Longas colas para visitar o submarino Mistral en Ferrol

Beatriz García Couce
Beatriz Couce FERROL

FERROL CIDADE

O horario de portas abertas é hoxe e mañá de 16 a 19 horas

26 mares 2019 . Actualizado ás 10:43 h.

A presenza do submarino Mistral da Armada española no Arsenal ferrolán suscitou unha gran expectación en Ferrol. Hoxe, o primeiro dos dous días de portas abertas no buque, a cola dos que agardaban para entrar nas dependencias militares desde antes das catro da tarde chegaba desde a Porta do Parque -a máis próxima á Praza Vella- ata a residencia da Cortina.

No entanto, mañá aínda haberá unha segunda oportunidade para aqueles que queiran coñecer por dentro como é un buque deste tipo, que ten a súa base en Cartaxena. O Mistral recalou a fin de semana na Escola Naval Militar de Marín, e estará ata o mércores en Ferrol.

O horario de visitas é de 16 a 19 horas. É necesario levar o DNI.