Vicente Romero , segundo no ránking nacional tras o Open As Amércias

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

Non puido superar a Andy Criere na final

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A primeira proba da tempada do circuíto nacional de surf, o Open As Américas, sitúa ao surfeiro brasileiro afincado en Ferrol, Vicente Romero , segundo no ránking. Recibiu 860 puntos da cita tinerfeña, onde se impuxo na semifinal a Rubén Vitoria, pero non puido superar na última rolda a Andy Criere. O vasco sumou 18.00 puntos nunha combinación de ondas imbatibles, unha delas excelente (9.50 puntos). O galego exhibiu unha soberbia actuación cunha puntuación total de 17,10 e tamén outra onda excelente de 9,10. Completou o podio Rubén Vitoria.

A próxima cita do circuíto nacional de surf será en Andalucía, en Conil de la Frontera, para disputar o Open a Fontanilla