O exitoso espectáculo co que a compañía Nova Galega de Danza, que dirixe o bailarín e coreógrafo ferrolán Jaime Pablo Díaz, ten por fin oco na axenda da cidade. O 1 de marzo, o teatro Jofre acollerá por fin Son, título da montaxe co que a agrupación virou por todo o mundo. Desde a súa estrea en Colombia en 2017 percorreu multitude de escenarios, incluso estivo na comarca, pero ata agora non puideramos aplaudir á compañía que estivo nomeada a cinco premios Max e que neste espectáculo fusiona a danza tradicional galega, a estilización da danza española, a danza contemporánea e incluso o flamenco. Hora ía sendo de acoller a un dos nosos como cómpre. Jaime Pablo aproveitará a súa estancia no municipio coa súa proposta Son para ofrecer unha masterclass aos alumnos de danza da cidade.
La Voz de Galicia
Xavier Fonseca
Comentarios