Unha feliz e ao mesmo tempo malvada festa aniversario

FERROL CIDADE

cedida

O local, sito na rúa Sánchez  Barcaiztegui, acaba de celebrar o seu aniversario

12 feb 2019 . Actualizado ás 09:27 h.

A pesar de que só levan catro anos, en Malvada saben como conquistar ao seu público. Este local situado na rúa Sánchez Barcaiztegui, 29 acaba de celebrar o seu aniversario cunha festa na que estivo representado todo o mundo musical ferrolán. Ángel Rodríguez Julías e Azucena Rico, os seus propietarios, tiraron de axenda para levar ao seu local a unha Jam Session -que denominaron Encontros en Acústico- a Mos e Juan Carlos, Malditos Pendejos, Alabama, Xubilados do Rock, Cabuxa Blue, comandante Lobo e ata catorce artistas da nosa comarca. En Malvada destacan as súas festas temáticas, como a de Halloween ou a que están a preparar para celebrar o 14 de febreiro ou os próximos entroidos. Todo rodeado sempre dunha espectacular decoración da que se encarga directamente Anxo, que pon en práctica os seus dotes como experto na materia. Tamén o son en conquistar a un público que busca o bo ambiente que reina no local nesta nova etapa