Jorge Mira explica en Ferrol a que altura está o ceo

B. A. FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

O divulgador científico conta aos alumnos da ESO de Catabois como se calculou esta incógnita ao longo da historia

23 ene 2019 . Actualizado ás 09:53 h.

O divulgador científico Jorge Mira pasa a tarde do martes no instituto de Catabois para falarlles aos alumnos de ciencia, concretamente, da historia dos cálculos que foi necesario facer para coñecer a que altura está o ceo. Escóitano medio centenar de estudantes da ESO que participarán na First Lego League. De feito, esta é unha das actividades previas á competición de robótica.