Joaquín Leguina falará de «Fecundidade e migracións»

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

SANDRA ALONSO

Na Cátedra Jorge Juan

24 ene 2019 . Actualizado ás 11:43 h.

Hoxe, xoves • 19.30 horas • Salón de actos do Centro Herrerías

No marco da cátedra Jorge Juan, hoxe terá lugar unha conferencia do expresidente da Comunidade de Madrid, escritor e demógrafo Joaquín Leguina Herrán, que disertará no salón de actos do Centro Herrerías -ao lado de Exponav- sobre Fecundidade e migracións.

A charla terá lugar no salón de actos de Herrerías ás sete e media da tarde. Permítese aparcar no patio de Levante.

Leguina é un político, economista, demógrafo e escritor español. Membro do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), foi o primeiro presidente da Comunidade de Madrid, cargo que ocupou entre 1983 e 1995.