Andrés Suárez pecha xira abrindo o escenario a novos artistas

La Voz

FERROL CIDADE

cedida

Esta fin de semana actúa na sala Capitol

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A compostelá sala Capitol estará esta fin de semana a rebordar para ver ao cantautor ferrolán Andrés Suárez no final da súa xira. O cantante volve abrir unha fiestra ao talento musical da rúa invitando a novos artistas a compartir escenario. A través da rede, o músico animou aos seus seguidores a que lle axudasen a dar a coñecer a quen tocan na rúa, e así se fraguou a acción #AbriendoVentanas que mostrará os seus froitos nos concertos de Compostela, nunha especie de regreso aos tempos nos que el mesmo cantaba no metro. Andrés di sempre que se segue sentindo un músico de rúa. Tras a cita compostelá agárdalle Madrid o día 28 nun concerto desenchufado. Despois retirarase dos escenarios para entrar a gravar o seu novo disco que sairá á venda este mesmo ano.