De faladoiro baixo a choiva

La Voz

FERROL CIDADE

I. VALERIO

Encontro no Cantón

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Así captou nosa cámara viaxeira nunha terraza do Cantón ao exalcalde de Ferrol, Manuel Couce Pereiro, ao alcalde de Cariño, Miguel Alonso Pumar, e a un aspirante a alcalde, Anxo Mato. É de supor que o tema dos Orzamentos Xerais do Estado e o consignado para esta zona formaba parte da animada conversación que mantiñan nunha xélida e desapracible mañá. O alcalde de Cariño pasara antes polos estudos de RadioVoz Ferrol para participar nun faladoiro na que se abordou a situación na que se atopa a liña ferroviaria Ferrol -Ribadeo.