A actriz Iolanda Muíños, en Ferrol

La Voz

FERROL CIDADE

I. VALERIO

Participou o martes na concentración do Cantón

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Non sabemos se a viguesa Carmen Avendaño participou nalgunha das mobilizacións feministas «nin un paso atrás» que saíron á rúa en numerosas cidades o pasado martes. Do que si podemos dar fe é de que a Carmen Avendaño da ficción, a actriz naronesa Iolanda Muiños, estivo na de Ferrol. E é que Iolanda comparte o espírito reivindicativo do personaxe ao que deu vida na popular serie televisiva Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero. Aproveitando unha pausa na súa actividade profesional, Iolanda pasa uns días aquí e xunto ao seu amigas sumar á mobilización como unha máis. Despois de vela na serie Fariña en Antena 3 e do seu paso por sériea Acacias 38, que segue emitíndose na 1 de TVE, a actriz está á espera de novos proxectos tanto en teatro, como cine e televisión. Seguro que pronto a veremos dando vida a algún outro personaxe.