A delegación da SGHN cumpre 40 anos desde a súa presentación

Foi dada a coñecer o 13 de xaneiro de 1979


ferrol / a voz

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) cumpre hoxe, 13 de xaneiro, 40 anos da reunión pública convocada en Ferrol, na Sociedade Deportiva Galiano de Canido, na que se presentou ao público ferrolán a entidade. «Aquel día de 1979 presentase con ilusión un colectivo que, nacido como Grupo Ornitolóxico Galego na Compostela de 1973, estábase a espallar por Galicia adiante coa proposta de coñecer, divulgar e protexer o seu patrimonio natural», recorda Xan Silvar, actual delegado.

Pouco despois a SGHN modificou os seus estatutos para organizarse en delegacións: «A de Ferrol foi a primeira, constituída aquel mesmo ano. Manter unha traxectoria de catro décadas non foi doado nin para a delegación de Ferrol nin para o medio ambiente galego».

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
2 votos
Comentarios

A delegación da SGHN cumpre 40 anos desde a súa presentación