Tellado acusa a Pedro Sánchez de castigar a Ferrol

La Voz PONTEDEUME

FERROL CIDADE

David Cabezón \ PPdeG

O secretario xeral do PP participou nun encontro con militantes en Pontedeume

18 novs 2018 . Actualizado ás 23:58 h.

O secretario xeral do PP, Miguel Tellado cargou onte en Pontedeume contra a xestión do goberno de Pedro Sánchez ao que acusou de castigar á comarca, con decisións como a supresión do Plan Ferrol, o atraso na construción das fragatas F-110 ou o hipotético peche das centrais das Pontes e Meirama. Ademais, sostivo ante os militantes eumeses que Ferrolterra será clave para a recuperación en maio da Deputación da Coruña.