Choivas, vento e mar de fondo na zona ata a fin de semana

A.U. FERROL

FERROL CIDADE

José Pardo

Á alerta laranxa por ondas de onte súmase hoxe a de choivas

09 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A borrasca Beatriz decidiu volver e farao, polo menos, ata a fin de semana. Os efectos da potente borrasca xa se notarán na zona a través dunha alerta laranxa no mar por ondas de 5 a 6 metros, que afecta a todo o litoral da provincia da Coruña, segundo informa Meteogalicia. Hoxe a situación lonxe de mellorar, empeora con outro novo aviso laranxa, neste caso por acumulación de precipitacións superiores aos 80 litros por metro cadrado en 12 horas. O vento será outro dos protagonistas da xornada, agárdase que na provincia da Coruña haxa refachos que superen os 70-80 quilómetros por hora.

Segundo os datos da boia que ten Portos do Estado en Estaca de Bares, as ondas chegaron aos 5,39 metros de altura significante ás cinco da mañá.

Mañá o mar de fondo activa unha nova alerta laranxa no litoral de Ferrolterra, do mesmo xeito que no resto da provincia, con ondas de 5 a 6 metros.