Aberta a inscrición para a carreira contra o cancro

A proba, cun marcado carácter solidario, está fixada para o día 11 de novembro


FERROL

O domingo día 11 de novembro desenvolverase a sexta edición da carreira da Asociación Española Contra o Cancro, que se denominará En Marcha contra o Cancro, Corre por Ferrol. A proba ten un marcado carácter solidario, xa que toda a recadación, descontados os gastos, será a beneficio da delegación ferrolá da AECC.

Todos os interesados en inscribirse poderán facelo na web www.carreirasgalegas.com ou na oficina ferrolá da AECC, situada na rúa Real número, 6, primeiro dereita, entre as dez da mañá e dúas da tarde.

A inscrición custa 8 euros para os adultos e 2 para as categorías de base.

Haberá unha carreira, cun percorrido de cinco quilómetros, e tamén unha camiñada. A saída e meta estará no Cantón de Molins.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade de Ferrol

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Aberta a inscrición para a carreira contra o cancro