O PSOE de Ferrol acusa a Feijoo de facer campaña nunhas xornadas

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

ANGEL MANSO

Acusan o presidente de ofrecerse como director comercial á presidenta de Navantia

19 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE de Ferrol acusa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de utilizar de xeito partidista as xornadas celebradas este luns sobre o sector naval «Cara ao estaleiro 4.0 pola transformación dixital», ás que asistiu a presidenta de Navantia, Susana Sarria, e directivos. Denuncian que utilizou o acto para presentarlle á responsable unha plataforma reivindicativa e o seu ofrecemento «descarado», lamentan, como director comercial.