Suárez invita a buscar trece votos aos que queiran que San Xiao sexa festivo

FERROL CIDADE

CESAR TOIMIL

O goberno volverá presentar a mesma proposta rexeitada no pleno do pasado xoves

29 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A polémica suscitada coa proposta do goberno de Ferrol de eliminar a San Xiao, patrón da cidade, do calendario de festivos locais segue no aire, a pesar de ter sido rexeitada no pleno. O alcalde, Jorge Suárez, anunciou onte que volverán presentar a mesma designación como festas locais o martes de Entroido e o luns de Chamorro, e que se alguén quere outra cousa que o propoña.

Nesta liña, o rexedor volveu xustificar o cambio no apoio do goberno aos empregados do comercio, que terán que traballar porque o 7 de xaneiro comezan as rebaixas, así como na aposta polo Entroido, «porque pensamos que dá movemento ou comercio e a hostalería, ademáis de incentivar a vida na cidade». Suárez engadiu que «se alguén quere modificar a nosa proposta, que exerza ou seu poder democrático e busque vos 13 votos necesarios». Tamén expuxo a posibilidade de que non se chegue a acordo en ningún sentido, polo que non habería proposta do Concello, algo que considera «bastante irresponsable», e entón tería que ser a Xunta a que designase os festivos locais e San Xiao non entraría, porque serían os dos dous últimos anos.