Ferrol adxudica obras de mellora en dous camiños da zona rural

A voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Os traballos de aglomerado ser financiarán con cargo a fondos provinciais

01 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A xunta de goberno local de Ferrol adxudicou onte as obras de posta a punto do Camiño de Marmadeiro e do Camiño de Piñón, que se financiarán con cargo a fondos provinciais. Os labores de aglomerado de ambos os viarios terán un orzamento de algo máis de 25.000 euros. O prazo de execución destes traballos será dun mes.