David de la Fuente e Inés Bereijo gañan a milla Correr en Compaña

Carla Elías Martínez
Carla Elías FERROL

FERROL CIDADE

A carreira popular celebrouse con bo tempo polas rúas do centro histórico de Ferrol

02 jun 2018 . Actualizado ás 21:21 h.

Ferrol botouse este sábado á rúa para disputar a cuarta Milla Correr en Compañia, do colexio Compaña de María e Teima, que se celebrou polo centro de Ferrol. David de la Fuente, do club Atletismo Narón, resultou vencedor da proba completando a milla nun tempo de 2.54. A tan só dous segundos cruzou a meta Esteban Rioseco, do Egovarros de Viveiro, e en terceira posición quedou Jonathan Fernández, do Pasa ou Entorna. Inés Bereijo, do Ría Ferrol, quedou primeira na categoría feminina, seguida de Laura Yusta, de Teima, e Natalia López.