A comarca presenta 41 proxectos aos fondos Leader

C. López FERROL

FERROL CIDADE

MARCOS CREO

As propostas canalízanse á través da asociación Seitura, que integra a 89 entidades

24 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación Seitura, integrada por 89 entidades, entre elas os 22 concellos que conforman o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), celebrou unha asemblea xeral en Ferrol, na que se deu conta dos 41 proxectos presentados na comarca á convocatoria dos Fondos Leader para este ano. Trátase de 21 proxectos de natureza produtiva, que implicarían un investimento sen IVE de 2.254.710 euros; 12 non produtivos promovidos por concellos, por 1.715.187 euros; e outros oito non produtivos promovidos por asociacións, por un montante de 340.269 euros.

O seguinte paso será remitir un informe á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cos proxectos que obteñan maior puntuación.

Dentro dos produtivos figuran iniciativas de transformación agrogandeira, como queixarías, e de prestación ou xestión de servizos, como a ampliación de cobertura no rural, un centro de día, estampaxe e reciclaxe de cera ou a implantación do comercio electrónico en cooperativas agrarias. No apartado de proxectos non produtivos estás aulas Tic, impulso a centros cívicos e sociais, rehabilitación de espazos etnográficos e o equipamento de estufas de biomasa en centros sociais ou aulas de formación.

Na asemblea tamén se aprobaron as contas do 2017 por gastos de funcionamento interno, que ascenden a 187.199 euros, mentres que a contía do investido con subvencións foi de 853.834 euros.