Centos de voces reclamaron en Ferrol máis medios contra os lumes

La Voz

FERROL CIDADE

anxo manso

Emotivo minuto de silencio baixo a agardada choiva

17 oct 2017 . Actualizado ás 11:56 h.

A rabia contida desde onte polos lumes que se multiplicaron por Galicia -e chegaron á comarca- canalizouse en manifestacións que tiveron lugar en numerosas localidades e que en Ferrol congregaron a moita xente. Ante o edificio administrativo da Xunta, nas inmediacións da praza de España, case medio milleiro de persoas alzaron a súa voz contra a xestión da Xunta pola onda de incendios forestais que arrasan a comunidade e que se cobraron a vida de catro persoas.

Houbo un sentido minuto de silencio polos falecidos que transcorreu baixo a ansiada choiva e tras o que moitos manifestantes retomaron as súas reclamacións para unha política de prevención máis efectiva. Tamén esixiron un novo plan de xestión para o monte e máis medios técnicos e humanos.