O vandalismo e o abandono cébanse co paseo marítimo de Doniños

FERROL CIDADE

Cesar Toimil

Na pasarela peonil hai taboleiros rotos, farois arrincados e papeleiras sobordando

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O paseo marítimo de Doniños, un dos máis frecuentados de Ferrol, presenta un estado de abandono derivado dos actos vandálicos e da falta de mantemento. No primeiro tramo da pasarela peonil partindo do aparcadoiro hai cinco taboleiros do firme rotos e afundidos a moi pouca distancia uns doutros, e no resto do ensolado hai altibaixos que poden provocar tropezones e caídas.

A varanda que delimita a zona do paseo e trata de preservar a área das dunas non cumpre ese labor, posto que se poden apreciar varios ocos con atajos a través do sistema dunar que desembocan no areal.

En canto á iluminación do paseo, brilla pola súa ausencia, en gran medida debido a que o cable e os elementos metálicos dunha ducia de farois desapareceron hai tempo e non foron repostos.

Ao longo do algo máis dun quilómetro do paseo tampouco hai ningunha papeleira, o que provoca a acumulación de botellas de plásticos e papeis en todo o percorrido. Pola súa banda, as papeleiras que si hai nas zonas de mesas do principio e o final a maioría están repletas de lixo que leva tempo sen recoller.

Os paneis nos que Costas informa sobre a riqueza paisaxística e ambiental da zona xa non se aprecian as fotos nin o texto que as ilustra.

O presidente da agrupación de asociacións de veciños da zona rural, José Polo, asegura que todas estas deficiencias xa foron trasladadas ao Concello de Ferrol para que acometa as obras necesarias ou, no seu caso, esíxallo á Demarcación de Costas.