Crónica dun periplo polos cárceres de España

La Voz

FERROL CIDADE

O escritor Xosé Luis Santos Cabana presenta no Ateneo «Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea»

10 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe Ateneo Ferrolán • 20.00 horas •

O escritor Xosé Luis Santos Cabana presenta esta tarde, no Ateneo Ferrolán, o seu libro Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea, no que relata as experiencias vividas por el e a súa muller nas viaxes a diferentes cárceres de España para poder ver ao seu fillo, o profesor Antón Santos, condenado pola Audiencia Nacional  pola súa vinculación con Resistencia Galega.