Presentación do acordo de goberno de Fene a militantes socialistas

LA VOZ FENE

FENE

JOSE PARDO

A reunión informativa está aberta ao conxunto da cidadanía

15 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As edilas socialistas que apoiaron a moción de censura en Fene convocan esta tarde, ás 20 horas, no Museo do Humor, un encontro informativo coa militancia e a cidadanía para explicar o pacto acadado con BNG e EU. A reunión foi cualificada de «acto reprobable e ilexítimo» pola Agrupación local do PSOE, que lembra que xa había unha asemblea extraordinaria convocada para o arranque da próxima semana.