O Jorge Juan de Fene aspira a converterse nun centro cardioprotegido

Chema Corral FENE

FENE

cedida

O colexio sumar ao proxecto Salvavidas para conseguir un desfibrilador

27 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Converter a contorna educativa nun espazo cardioprotegido. Este é o reto inmediato que se marca o colexio Jorge Juan de Fene, un centro que acaba de sumarse ao proxecto Salvavidas, que lle permitirá dispor dun desfibrilador externo automático de forma gratuíta, grazas á solidariedade dos veciños.

Explica o director do centro que o obxectivo é vender un mínimo de 400 pulseiras de tea solidarias -o custo é de tres euros-, cos vistosos deseños de Kukuxumusu. Unha iniciativa na que se puxeron a traballar no tradicional mercadillo que organizan en Nadal. Posteriormente, segundo explica Anxo do Río, director da escola, podíanse adquirir na secretaría do centro. E agora tamén en varios negocios do municipio (Adegas Barral, en Barallobre, e a cafetería Arrecendo, en Fene), así como na tenda de Carol, en Ferrol.

Dispor dun DESA nas instalacións educativas permitiría actuar de forma inmediata no caso de que alguén sufra un paro cardíaco, o que contribúe a reducir os casos de morte súbita cardíaca, un problema sanitario de primeira magnitude. Explica o director que a formación para o uso do desfibrilador faríase a través dun curso cos fondos da Comisión Tripartita.

O pasado curso o CPI de Atios, en Valdoviño, participaba no proxecto Salvavidas e conseguía, grazas á implicación do Anpa e o alumnado, o ansiado desfibrilador.