Fene adxudica obras de reurbanización en dous bloques de San Valentín

LA VOZ FENE

FENE

JOSE PARDO

Mellorarán as beirarrúas e as zonas axardinadas

22 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As obras de reurbanización dos bloques tres e catro das vivendas de San Valentín, en Fene, custarán 71.522 euros, financiados con cargo ao POS+ 2019 da Deputación. O Concello acaba de adxudicar os traballos de acondicionamento das beirarrúas e das zonas axardinadas, segundo indica o alcalde, Gumersindo Galego. Lembra que as intervencións comezaron en bloque sete, por sorteo.