Fene destina máis de 365.000 euros á posta a piques de viarias

LA VOZ FENE

FENE

Mellorará pistas de Barallobre, Fene, Magalofes e Sillobre, con cargo ao POS+ Adicional

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fene emprenderá con cargo aos fondos provinciais do POS+ Adicional un plan de melloras en pistas municipais de Barallobre, Fene, Magalofes e Sillobre, no que se investirá máis de 365.00 euros.

Explican desde o Concello que se procederá a dotar de servizo de saneamento ao camiño dos Regueiros, tras o que se aglomerará o viario. En Sillobre, acondicionarase ademais o firme do camiño de Visura ata o límite con Neda. Un segundo proxecto incluirá a pavimentación do viario de Fene a Magalofes por Lubián. E o último afectará o camiño de Lomba (Barallobre), onde se renovará o firme e instalarase a rede de sumidoiros.