Espectáculo «Príncipas e Princesos», para nenos de catro a dez anos

LA VOZ FENE

FENE

PABLO ARAUJO

As familias teñen que inscribir aos seus fillos para poder asistir á actuación do mércores

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mércores, día 16 • 18.30 horas • As familias que queiran levar aos seus fillos ao espectáculo «Príncipas e Princesos», dos Contos de Pablísimo, xa poden dirixirse á Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé para anotarse, no mostrador, ou chamar aos números 981 342 302 ou 607 625 346. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. A obra vai dirixida a nenos de entre catro e dez anos.