Inscrición nos talleres para enfermos de alzhéimer ou outras demencias

LA VOZ FENE

FENE

CEDIDA

O Concello promove estas sesións, gratuítas, que impartirá AFAL Ferrolterra

12 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegación municipal de Benestar Social abriu o prazo de inscrición nos talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzhéimer ou outras demencias. O Concello promove esta iniciativa en colaboración con AFAL Ferrolterra, que guiará as sesións. Son gratuítas. Hai que anotarse en Servizos Sociais de Fene ou na sede do colectivo.