O Sergas di que non hai pediatras para cubrir a baixa existente en Fene

La Voz FENE

FENE

CESAR TOIMIL

Os casos urxentes de menores de tres anos derivaranse ao Arquitecto Marcide

10 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A falta de especialistas impide a cobertura dunha das dúas prazas de pediatra do centro de saúde de Fene. O xerente da área sanitaria de Ferrol, Anxo Facio, informou onte aos representantes políticos municipais que para o Sergas manter a asistencia aos menores é «unha prioridade», pero que «non hai pediatras para contratar». Así as cousas, fóra da atención ordinaria, os menores de tres anos seguirán sendo serán derivados ao Marcide.