Taller de emprego para 16 mozos de cinco concellos da zona

LA VOZ FENE

FENE

JOSÉ PARDO

Aprenderán a fabricar e montar instalacións de tubaxe industrial

14 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O taller de emprego do programa de Garantía Xuvenil Inicia IV formará a 16 alumnos de entre 18 e 30 anos, dos municipios de Fene (7), Ares (3), Mugardos (3), Neda (2) e Cabanas (1). Aprenderán a fabricar e montar instalacións de tubaxe industrial. Con esta iniciativa mixta, de emprego e formación, perséguese «mellorar as posibilidades de ocupación de persoas desempregadas».