Inscrición gratuíta nas actividades de envellecemento activo

LA VOZ FENE

FENE

CEDIDA

O Concello promove talleres de estimulación cognitiva e recuperación da memoria, e a escola de avós

13 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegación municipal de Benestar Social e Igualdade coordina o programa de tardes activas, con talleres itinerantes polas diversas parroquias, a través das entidades veciñais e culturais interesadas en participar. Ofertan sesións de estimulación cognitiva e recuperación da memoria. Ademais da escola de avós, con intercambio de experiencias e coñecementos. É gratuíto.