Fene acondiciona as rúas Peirao e Hortelá por preto de 63.000 euros

La Voz FENE

FENE

CEDIDA

As actuacións levadas a cabo han permidio mellorar a seguridade viaria en ambos os viarios

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os labores de acondicionamento do firme e a sinalización das rúas Peirao e Hortelá finalizaron. O custo ascendeu a 62.590 euros, sufragados con cargo ao POS+ 2018 da Deputación, segundo indica o alcalde, o popular Gumersindo Galego. Na vía Peirao mellorouse un tramo de 280 metros de lonxitude, entre o cruzamento con Xunqueira e o hostal Allegue. E en Hortelá actuouse desde Peirao ata a casa reitoral de Perlío.