José Seco: «A miña familia chámame o 'superyayo'»

M. ANEIROS / B. C. FERROL / LA VOZ

FENE

JOSE PARDO

Este deportista fenés celebrou o seu 75 aniversario con 150 quilómetros en bicicleta, dous por cada ano vivido

18 ago 2019 . Actualizado ás 22:21 h.

Hai cen mil formas de celebrar os anos cumpridos. Viaxes, autorregalos, unha cea en familia, pero a tradición que José Seco instaurou na súa vida hai 25 anos probablemente sexa unha das máis raras á vez que ambiciosas. Este deportista fenés, por cada ano que suma na súa vida engade dous quilómetros a unha ruta anual que di é «o seu agasallo». O 13 de xullo soprou 75 velas e o 5 de agosto «porque non me foi posible facelo antes», montouse sobre a súa bicicleta, puxo o cuentakilómetros a cero e non se baixou ata que o aparello marcou os 150.

-Como comezou esta peculiar forma de celebrar os seus aniversarios?

-Eu son deportista, funo sempre. Este ano cumpro 60 anos practicando deporte, porque empecei con 15 anos con exercicios que facía para buscar a miña forma física. Co tempo fíxenme montañeiro e dediqueime á escalada. Aos 50 empecei a notar que comezaba a flojear e a mente fíxome ver que tiña que deixalo, así que empecei coa bicicleta. Entón, un día, aquí en Fene, no cruzamento da igrexa vin que o sinal marcaba 51 quilómetros a Ortigueira e pensei que se facía ida e volta xa tiña dous quilómetros por cada ano cumprido. Iso foi hai 25 anos, e desde entón cada ano sumo dous quilómetros máis.

-É sempre a mesma ruta que vai ampliando?

-A ruta é sempre a mesma pero ampliando sempre dous quilómetros. Saio sempre de Fene cara a Vilalba, Mondoñedo... Son estradas medianamente doados. Este ano, ao chegar a Gundín o contador marcou 75, a miña idade, así que dei a volta e volvín facer o camiño ata Fene completando os 150 que me tocaban.

-É unha tradición que cumpre en soidade ou ten algún acompañante?

-Teño un amigo, máis novo que eu, que veu comigo. Este ano foron sete horas sobre a bici e levabamos un ritmo de 21 quilómetros e medio por hora, máis ou menos. Iso si, paramos un par de veces a tomar un café, que igual que os ciclistas profesionais necesitan avituallamiento, nós tamén.

-Que opina a súa familia de todo isto?

-Pois me chaman «o superyayo». A verdade é que están moi contentos. Ata a miña nai, que aínda vive e ten 96 anos, segue facendo exercicio. Supoño que me vén un pouco de familia.

-Comentaba que a súa vida deportiva estivo durante moitos anos centrada na montaña. Aínda que teña deixado de escalar, abandonouna por completo?

-Sigo organizando rutas de montaña pola zona e tamén por Pena Trevinca, que é o punto máis alto de Galicia e está no límite coa provincia de Zamora, os Ancares... Como estiven tantos anos, teño esas zonas moi machucadas e perfectamente estudadas e moita xente vai comigo como guía.

-Ao longo da súa vida deportiva, fixo moitos retos persoais como leste?

-Sempre tiven ilusións e funas cumprindo. Por exemplo, quería escalar Torrecerredo, que é unha das ascensións máis famosas e cobizadas da zona dos Picos de Europa, e fíxeno. Tamén tiña a ilusión de facer unha expedición internacional e creei un grupo de escalada en Astano e fomos á Sierra do Hauz e ata a lagoa Smir. Foi un pouco complicado, pero fixémolo.

-Polo que parece, non ten vostede en mente retirarse do mundo do deporte.

-Se un está disposto e sente paixón, non lle importa nada. Eu gózoo moitísimo. Todas as mañás me levanto e teño unha táboa de exercicios que fago e non sempre me apetece, pero é como quen toma pastillas. Non lle gustan,ww pero sabe que lle fan ben.

«Este ano foron sete horas e levabamos un ritmo de 21 quilómetros e medio por hora»

«Se un está disposto e sente paixón non lle importa nada. Eu gózoo moitísimo»