Finalizan en Perlío as obras de reparación de dous viarios

La Voz FENE

FENE

cedida

O Concello investiu na mellora de pistas de Perlío máis de 41.000 euros

15 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fene conclúe os traballos de acondicionamento dos camiños do Pachuzo e de Castro, na parroquia de Perlío. Anotan desde o concello que a actuación afectou a un total de 630 metros na que se procedeu a reparar o firme con aglomerado. Ademais, adecuáronse as marxes na zona das vivendas e melloráronse as cunetas. Nas obras investíronse 41.750 euros.