Tributo ao último alcalde da Segunda República en Fene

La Voz FENE

FENE

CEDIDA

Ramón Souto González foi fusilado no ano 1936

15 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fene celebrará mañá, a partir das 19 horas, un acto de homenaxe e recordo a Ramón Souto González, o último alcalde da Segunda República no municipio, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na praza que leva o seu nome. Participarán o xornalista Ramón Loureiro e o senador Julio Barros.