Fene selecciona a un bombeiro forestal para a súa motobomba

La Voz FENE

FENE

MARCOS CREO

Os interesados teñen cinco días hábiles para presentar as súas solicitudes

23 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Fene inicia o proceso de selección, mediante o sistema de concurso oposición libre, para crear unha lista de aspirantes ao posto de bombeiro forestal e condutor de vehículo motobomba, pertencente ao servizo de extinción de incendios para a súa contratación durante 2019 e nos próximos exercicios.

Poderán presentarse á convocatoria maiores de idade co título de graduado en secundaria ou equivalente e que posúan o permiso de conducir tipo C. O prazo para que os interesados presenten as súas instancias e a correspondente documentación no rexistro xeral do Concello será de cinco días hábiles a contar desde hoxe, é dicir, o próximo 30 de xullo.

A fase de oposición constará dun exercicio práctico e un de galego.