San Valentín estrea nova iluminación

La Voz FENE

FENE

JOSE PARDO

O Concello  investiu na actuación máis de 47.000 euros

16 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Fene acaba de completar os traballos de renovación da totalidade das lámpadas da iluminación pública do barrio de San Valentín. A aposta por substituír as luminarias de vapor de sodio por luces de tecnoloxía led permitirá reducir a contaminación lumínica, recortar o consumo enerxético anual e, consecuentemente, pagar menos polo recibo da luz. Neste sentido, estima o goberno local que a factura caerá un 64%.

Subliñan ademais que as novas luces, nas que se investiron máis de 47.000 euros, son regulables, de modo que a partir dunha hora programada poderase baixar a luminosidade. A obra contou cunha subvención da Xunta.