Dobre presencia da comarca na Copa Sandero da Nucía

La Voz FERROL

FENE

CEDIDA

As naronesas Ruth Ortega e Andrea Fidalgo debutan no Campionato de España

04 novs 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha parella con experiencia, a de Juan Carlos Castro e José Antonio Vázquez (Escuadra Ferrol), e outra que debuta, a de Ruth Ortega e Andrea Fidalgo (Scratch Fene), estarán este sábado nos tramos da Nucía (Alacante), na proba correspondente ao Campionato de España de ralis de asfalto. Ambos os dúos están en liza na Copa Dacia Sandero. Ortega e Fidalgo teñen o apoio do TRS Racing Team de Javier Bouza, que esta vez non participa.