O goberno local de Cedeira apoia ás traballadoras da escola da Galiña Azul

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

CEDIDA

O alcalde pide solucións xustas para o persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

14 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Cedeira , Pablo Moreda, reuniuse onte coas traballadoras da escola infantil da Galiña Azul para expresarlles o apoio do goberno local nas reivindicacións que expoñen ante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. «É persoal que ten máis de oito ou 13 anos de antigüidade, que en moitos casos pasou unha oposición, e que precisa unha solución máis xusta», apuntou Moreda.