Queixas de usuarios do centro de saúde de Cedeira polo atraso nas citas para consultas ou receitas

A. F. C. CEDEIRA / LA VOZ

CEDEIRA

JOSE PARDO

Varios afectados presentaron follas de reclamacións

29 sep 2020 . Actualizado ás 12:07 h.

Nas últimas semanas han aumentado as queixas de usuarios do centro de saúde de Cedeira polo atraso nas citas, tanto para as consultas como para a renovación das receitas. «No verán, a xustificación que se daba eran as vacacións dos médicos, pero agora xa non e é a segunda vez que chamo e danme vez para dez días despois. De feito, tiven que ir a urxencias, ao hospital», explica Carmen Rey .

Uns días máis tarde acudiu á farmacia a retirar un medicamento, pero informáronlle de que non llo ían a fornecer ata finais de outubro. «Entón pedín cita para que o médico mo cambiase e dixéronme que ata a semana seguinte, nada», relata esta veciña, que insiste en valorar o traballo dos facultativos. «Pero algo non está a funcionar ben». Outro usuario conta que tanto el como outros afectados presentaron follas de reclamacións no centro médico.

Desde o Sergas aclaran que segue habendo médicos de vacacións.