Remolcado a Cedeira un barco de recreo que quedou á deriva

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

XABIER NOVO

Os dous tripulantes da embarcación atópanse en perfecto estado

28 sep 2020 . Actualizado ás 12:08 h.

A embarcación de salvamento de Cruz Vermella LS Langosteira remolcou ata o porto de Cedeira unha embarcación de recreo que se quedou á deriva a unhas dúas millas da localidade. Os dous tripulantes que viaxaban a bordo atópanse en perfecto estado.

O operativo desenvolveuse sobre as nove da mañá, cando o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo da Coruña recibiu aviso de que se quedou sen goberno a lancha, de 7,5 metros de eslora.