Cedeira apoia o labor de nove asociacións con subvencións por 69.000 euros

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

ANGEL MANSO

O Concello apoia así o traballo social e cultural que realizan as entidades

26 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Nove entidades de Cedeira recibirán un total de 69.300 euros do Concello, a través de convenios de colaboración. Os beneficiarios son a Asociación Ecuestre A Crina, con 3.500 euros; Benestar Animal Cedeira (ABAC), 8.000; a Asociación de Pais e Amigos de Deficientes Mentais da Escola de Régoa (Apader), 10.000; Cruz Vermella, 3.800; a Asociación Mares de Cedeira (responsable do museo do mar), 10.000; Sobre Rodas, 6.000; a Escola de Música Vila de Cedeira, 5.000; a agrupación de voluntarios de Protección Civil, 18.000; e o colectivo de de Nais e Pais o CEIP Nicolás do Río, 5.000.

Con esta achega, o Concello quere «impulsar as actividades» de carácter sociocultural que levan a cabo as entidades. «Nelas depositamos a nosa axuda e compromiso para que as cousas funcionen», resalta o alcalde, Pablo Moreda. «Tamén nun ano tan difícil coma este», subliña.